O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, tres dos grandes escritores da literatura universal. De aí a elección do día.
Como curiosidade contarvos que o comezo desta celebración foi español, a proposta do escritor Vicente Clavel Andrés, no ano 1926.
Moito despois, no ano 1995 o Día do Libro convértese nunha FESTA MUNDIAL, sendo o goberno español o que fixo a proposta á UNESCO. Aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
Este ano queremos que participedes con nós na celebración, facéndolle unha homenaxe a todos eses libros que nos gustan.
Propoñémosvos recrear a portada do voso libro favorito e que nos fagades chegar esa recreación para publicala.
Pero que é unha recreación? A mellor maneira de explicárvolo é que vós mesmos/as vexades algúns exemplos. Por iso deixámosvos traballos deste tipo feitos polo CRA de Culleredo no ano 2022 ...
polo "Colegio Los Andes" no seguinte enlace...
https://colegiolosandes.cl/2021/05/04/recrea-la-portada-de-un-libro/
polo blog de averroes...
ou polo blog "Ciberclases de quinto"
https://ciberclasesdequinto.blogspot.com/p/imitando-portadas-de-libros.html
ANIMÁDEOS A COMPARTIR CON NÓS AS VOSAS PORTADAS !!
Para que vexades que podedes facelo, imos amosarvos a primeira recreación, feita polo alumnado de 5º, dun dos libros que lemos todos na hora de ler.
Este é o libro escollido polo alumnado de 6º de Primaria. Un libro fermoso onde a pintura e a poesía van da man.