21/03/17

Día da Poesía

A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía; por iso, hoxe conmemoramos no colexio este día.

Organizamos un Obradoiro de escrita de poemas . Basamos o noso traballo no libro “Acuario 2” de María Canosa e Dani Padrón de Edicións Embora. Un libro en galego moi aproveitable para traballar contidos do noso PDI “Alimentación saudable”.
 
Como recentemente participamos no obradoiro “O sabor da aventura está no mar”, aproveitámola temática das especies mariñas e eliximos un poema deste libro titulado “Balea”. Asociamos a este texto o ecosistema mariño, as especies acuáticas, mamíferos acuáticos, alimentación e, como non, a importancia de conservar e coidar o noso mar.
Cada aula elaborou unha estrofa do poema; uns empregamos distintos tipos de letra, outros distintas cores…
Unha vez terminadas as estrofas, e como fondo un mural con forma de balea, fomos pegando e compoñendo o poema completo.
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Parabéns rapaces e rapazas, realizástedes un marabilloso traballo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario