14/03/17

O sabor da aventura está no mar!!!

O venres, 10 de marzo, os nenos e as nenas do colexio puidemos gozar dunha actividade sobre alimentación, "O sabor da aventura está no mar". 

Primeiro puxéronnos uns vídeos para presentarnos OS ARROASES

Despois dividíronnos en grupos e fixemos varias probas (de forza, intelixencia, memoria, coordinación motora…), cada unha dun personaxe de ``arroases´´.

Antes da última proba na que imitamos o que facía o instrutor, proxectáronnos outro vídeo sobre os efectos da contaminación no mar.
Logo, todos asinamos o tratado que nos propuxeron para manter limpos os nosos mares!!!
Ao remate, todos tivemos agasallos!!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Pasámolo coma peixes na auga!!!

India e Sara 6º

"O sabor da aventura está no mar" é unha campaña da Xunta de Galicia que, ademais de afondar no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e valorar as profesións do mar, ten un dobre obxectivo:
a) Facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre o alumnado.
b) Transmitir aos escolares a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo.
Pincha para ir a páxina oficial do programa

Ningún comentario:

Publicar un comentario