17/03/17

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Á XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra non podiamos faltar; por iso, este martes os rapaces e rapazas do CEIP "A Carballeira"de Lourizán fomos visitalo. Como non, alí estaba Orbil para acollernos!!
O lema deste ano, "O mundo que queremos", foi a base para a elaboración da nosa maqueta e traballos escritos. A nosa aportación, centrada no coidado do medio ambiente, foi...
Cando chegamos, dividíronnos en grupos para a realización de diferentes obradoiros.
Os tallleres plantexaban que o cambio para "un mundo mellor" empeza en nós, na nosa actitude individual ou grupal, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos.

Logo, os monitores guiáronnos polas diferentes estancias amosándonos os temas que englobaban: medio ambiente, integración e  igualdade, respecto, inmigración, vellez, a solidariedade... 
    
    
    
Asemade, mostráronnos as maquetas presentadas por outros colexios...
Durante a visita, presentaronnos brevemente o libro que este ano publicou o Salón do Libro: "Escaquis e Romeu".
Case ao remate, repousamos na marabillosa sala de lectura!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Xa sabemos, contribuír a un mundo mellor é máis doado se todos e todas promovemos diariamente actos de igualdade, integración, respecto...
Non vos esquezades de visitar o Salón do Libro en familia. Velaquí vós deixamos o programa de actividades:
Pincha para ver as  actividades (contacontos, teatro...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario