26/06/17

Bo verán. Ata a volta!!!

Rematamos o curso cun pequeno acto conxunto, onde familias e colexio compartimos recordos, emocións, e gargalladas visualizando fotografías. Tamén houbo agradecementos  e despedidas.
Comezamos con dous bailes organizados nas actividades extraescolares.

Logo, Sergio e algúns compañeiros prepararon unha sesión de zumba.
Continuamos coa entrega de orlas. Primeiro, foi a quenda dos nenos e nenas de Infantil.
A continuación, os compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria.
Por último, despedimos as profes que o vindeiro curso xa non van estar connosco, Maite, a profe de Música, e Teresa, a Directora. Imos botarvos en falta!!!
Esperamos que todos e todas pasedes unhas felices vacacións de verán!!!
Descansade moito. Verémonos á volta!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario