22/06/17

Despedida alumnado de 6º de Primaria!!!

Remata o curso e con el chegan as despedidas. Os compañeiros e compañeiras de 6º quixeron compartir unhas verbas connosco a través desta bitácora. 

"Este ano eu e os meus compañeiros de 6º marcharemos ao instituto (esperemos). Levo xa 9 anos neste colexio, moitos recordos, amizades, profes, que algún outro “lio”, etc. Botarei moito en falta este colexio, os compañeiros, os profesores... O instituto será un gran cambio para min e para todos, novos profesores, nova xente, novas materias... Ter que levantarse mais cedo! Que pereza, pero isto pásanos a TODOS. Aínda que un cambio non sempre é malo senón todo sería igual, non cres?"
Sara Moledo 6º


"Ola, como moitos xa me coñeceredes eu son Aarón. Levo 6 anos neste colexio e a piques de rematar a Primaria. Este ano marcho ao Instituto. Sabedes...?, vou botar en falla  a tooodo o mundo!!!
Espero visitarvos.

Unha aperta!!!"
Aarón Soto 6º


"Son Rafael de 6º de Primaria. Nuns días rematan as clases e estou un pouco triste porque algúns dos meus campañeiros e compañeiras marchan ao instituto. Por outro lado, estou feliz. Chegan as vacacións de verán, durmo hasta tarde e podo ir á praia.
Tamén estou ledo porque tiven profesores moi bos conmigo: a profe Antía, o profe Xosé, oprofe Pancho, o profe Antonio, a profe Maite, a profe Hermitas...
En fin, acaba o curso e chega o tempo de descansar. Boas vacacións a todos!!!!!!"
Rafael Piay 6º

"Ola son Iker Loira de 6º de Primaria. Só estiven un ano neste colexio pero foi un ano bo porque coñecín xente nova.
Fun colaborador de biblioteca e a experiencia gustoume moito.
Foi moi divertido facer de contacontos aos nenos de 1º e 2º de Primaria léndolles “Gordiño Recheo” e en Educación Infantil!!!
Tamén fixen unha obra de teatro coa profe Antía, “As cousas de Ramón Lamote”. Actuando de protagonista, Ramón Lamote.
Como vedes, unha morea de recordos que me levo para toda a vida
Moitas grazas a todos. Foi un pracer estar aquí!!!"
Iker Loira 6º

"Chegou o fin de curso de 2017, o último fin de curso no colexio A Carballeira, unha segunda casa para min, e para todos os meus compañeiros, casi uns irmáns. Levo nove anos neste colexio, nove anos cos mesmos compañeiros, mestres, amigos, etc.
Sempre me lembrarei do colexio no que aprendín todo o que sei. 
Creo que nunca me esquecerei do todo, deste colexio do que recibín tanto cariño.
É un pouco complexo, pensar que despois de tantos recordos bos teño que deixalo. O ano que ven enfrentome a novo retos: mestres, amigos, un colexio maior, con máis persoas, un mestre para cada materias...
Vou botar de menos á Carballeira..."

India Castro 6º 


"Ola, son Francisco, un alumno de 6º. Xa pasei 9 anos aquí e paréceme como se fora onte cando cheguei a este colexio. Este venres remato unha etapa e comezo unha nova. Marcho para o Instituto!!!
Agradezo aos profesores que me deron clase por formarme tan ben. Vou botar de menos o colexio, os campañeiros, os profes… pero espero darvos algunha visita de vez en cando.
Espero que pasedes un bo verán!!! 
Unha aperta!
Francisco Rosales 6º

Son Iker Ucha, alumno de 6º. Este ano cheguei novo ao colexio. Pareceume moi divertido a forma de traballar. Aprendín moito e fixen novos compañeiros e amigos.
Rematan as clases e voume moi contento ao instituto. 
Grazas a todos polos bos momentos vividos este ano.
Síntome feliz polos novos amigos que fixen.
Unha aperta!!!
Iker Ucha 6º


Grazas a todos e todas pola vosa incondicional colaboración redactando entradas para o blog.
Desexámosvos que teñades moita sorte nesta nova etapa da vosa vida!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario