20/11/17

Día Mundial dos Nenos: O 20N eles mandan!

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. É o día no que se aprobou a Convención dos Dereitos do Neno, en 1989; documento no que se recollen unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, á saúde, á educación e a xogar, así como o dereito á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.
Para celebralo, este ano UNICEF puxo en marcha unha iniciativa global, "O 20N eles mandan!", para que os nenos expresasen as súas opinións altas e claras. Neste día, os máis pequenos, ao mando na política, as empresas, os medios de comunicación, o deporte e o mundo do entretemento contan no seguinte vídeo cales son as súas preocupacións e que cren que deberían facer os líderes mundiais por eles.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis vulnerables, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario