10/11/17

Saída á Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"

O mércores 8 de novembro, os nenos e nenas do colexio visitamos a Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola".

Alí, dividímonos en dous grupos. Nametres os máis cativos comezaban a visita pola Biblioteca "Antonio Odriozola", os maiores achegámonos ata o CEIP "Froebel", onde nos esperaba a profe Rosa. Moi sorinte, coma sempre, amosounos o colexio, percorrendo algunhas das súas salas. 
A continuación, fomos a Alameda onde tomamos unha comedela para, deseguido, fotografarnos no  "Monumento aos Heroes de Pontesampaio". 
Logo,  grazas a un bibliotecario, gozamos das instalacións da Biblioteca Pública de Pontevedra. Organizáronnos a todos unha visita guiada onde nos ensinaron como ordenaban os seus fondos por seccións e como estruturaban os seus andeis segundo o tipo de libros que contiñan (comic, cores, idiomas, Braille..).
Ben curiosos nos resultaron os manga, libros que non sabiamos que comezaban polo final!!!
Outrosí nos chamouron a atención, os audiolibros, libros con pictogramas e libros en Braille que xa coñeciamos porque hai pouco, no colexio, fixemos unha actividade relacionada con este sistema de lectura e escritura táctil.
Despois, entretivémonos cunha sesión de contacontos "Conto de Mac".
Rematamos a visita consultando e ollando libremente algúns dos libros que tiñan expostos en diferentes andeis.
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Como podedes ver, esta visita espertou aínda máis a nosa curiosidade polo mundo dos libros!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario