29/01/18

Coñecémonos mellor!!!

Os nenos e nenas de 1º de Primaria elaboramos, coa axuda da mestra, un libro no que recompilamos os nosos gustos e afeccións. 
Comezamos recollendo información sobre nós mesmos. A través da experiencia conxunta "maleta viaxeira", cada un expuxo oralmente aos compañeiros e compañeiras o seu contido e o porqué desa elección. 

Unha vez recollidos eses datos, empregando información aportada polas familias e  diversas aplicacións informáticas (Libro dixital, nube de palabras), fomos creando as distintas páxinas do noso proxecto que levamos para casa. 
Velaquí vos deixamos a mostra dunha parte do noso traballo.
Con esta tarefa conectamos uns con outros. Asemade, contribuíu a nosa alfabetización dixital, a mellorar a nosa expresión e comprensión oral e a fomentar actitudes de respecto e aceptación cara outras opinións, sentimentos, emocións...

Ningún comentario:

Publicar un comentario