21/01/18

Préstamo na Biblioteca

Durante todo o curso escolar, estamos a realizar o préstamo de libros na Biblioteca do Checho, como podedes ver todos os meses co "Devorador de libros". En Educación Infantil non iamos ser menos; xa que, os libros son unha fonte de información e pracer dende pequerrechos. Así, na aula de 4 e 5 anos, levamos os contos para casa para gozar en familia e facemos un debuxo  da parte do conto que máis nos gustou;  cada vez facémolo  mellor e esforzámonos máis. Aquí vos deíxamos unha mostra.
Grazas a todas as familias polas vosas colaboracións, sodes imprescindibles para levar a cabo esta actividade de animación á lectura!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario