22/02/18

Día de Rosalía 2018: #AbrideAFiestra

O 24 de febreiro conmemoramos, un ano máis, o "Día de Rosalía"; fixado no Calendario do Libro e da Lectura, por ser a data de nacemento de Rosalía de Castro, ilustre autora galega.

No colexio traballamos, ao longo da semana, a figura literaria da Autora. Colaboramos na actividade  #AbrideAFiestra, organizada polo colectivo AELG que nos propoñía elaborar un adobío que puideramos pendurar ou pegar na fiestra e que permitira darlle luz aos poemas de Rosalía.
Para desenvolver a proposta #AbrideAFiestra, organizamos un obradoiro de poesía no que o alumnado de Infantil e Primaria, elaboramos carteis cos distintos versos do cantar "Vamos bebendo". 
Con eles, creamos un mural para o corredor principal.
Amais de recitar nas aulas diferentes poemas de Rosalía, na área de Música, co libro Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle-Ed. Galaxia, divertímonos cantando un feixe de cancións que nos retratan a Rosalía de Castro.
Ao tempo, organizamos un obradoiro de Plástica no que enfeitizamos os adobíos das ventás.
O alumnado de 5º realizou un traballlo de investigación sobre a vida e obra da escritora.
No seguinte vídeo, recompilamos algunhas das imaxes e audios que reflecten o traballo realizado no centro para a conmemoración deste día.
Velaquí tedes  a nosa fiestra aberta a Rosalía de Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario