01/02/18

Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2018

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993, para conmemorar a morte de Gandhi. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.


Este curso centrámonos no dereito á Igualdade entre homes e mulleres; porén, ao longo destas semanas, os rapaces e rapazas do CEIP "A Carballeira", realizamos un traballo de investigación sobre mulleres con Premio Nobel da Paz co que elaborar un mural conxunto no corredor principal.
Asemade, elaboramos e publicamos unha timeline onde recompilamos esa información.
Os máis cativos do cole, crearon unha vistosa e leda pomba da Paz.
Comezamos a celebración, organizando un obradoiro de alimentación "Batidos brancos pola Paz". Nel, os rapaces e rapazas de 1º e 2º de Primaria preparamos saborosos batidos con lácteos e froitas que porsteriormente degustamos todos e todas no período de lecer.
Logo, organizamos unha xuntanza na que todo o alumnado puidemos gozar do entretido kamishibai "Gaito Kamishibaia", teatriño xapoñés narrado polo alumnado de 4º de Primaria. A continuación, cantamos a canción "Imagina - Efecto Pasillo" polo significativa que nos paraceu para esta celebración.
Velaquí tedes o vídeo do kamishibai que leron os nosos compañeiros e compañeiras.

Rematamos a celebración engalanando o corredor principal con vagalumes personalizados pola Paz.

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz resultounos moi divertido pero lembra que, a non violencia e a paz, debe reinar no colexio toooodo o ano!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario