Nunca se sabe onde pode haber un gran escritor ou escritora. Ás veces está ao noso carón e non o sabemos.
Isto é o que nos ocorreu esta semana: descubrimos que Begoña, a avoa de Miguel, é unha gran escritora e non podiamos perder a oportunidade de contar con ela para celebrar a semana do libro.
Por iso a invitamos a ter uns encontros literarios co alumnado para que lle contase como comezou a escribir, por que escribe, para quen,... e ademais compartise con nós algunhas das súas obras
Agradecémosvos a todos/as. nenos, nenas e familias a vosa participación na proposta que vos fixemos co gallo da celebración da semana do libro. Algunhas das portadas recreadas xa tivestes a ocasión de miralas expostas no cole. Agora compartimos con vós un vídeo na que están todas. Poderedes ver que a imaxinación e creatividade están moi presentes.
Comezamos coa publicación das recreacións de portadas de libros que nos gustan. Na entrada anterior, xa publicabamos dúas: a de 5º e a de 6º.
Continuamos agora con algunhas feitas no cole, e outras feitas dende a casa polas familias.
Polo de agora este é un "aperitivo", xa que aínda non as temos todas. Pero xa podemos ver nestas un traballo extraordinario por parte de todos/as.
Comezamos coa portada realizada polo alumnado de 4º EI
A seguinte foi realizada polo alumnado de 6º EI
Os nenos e nenas de 1º fixeron na clase dúas
E para rematar, so polo de agora, a de Manuela, de 4º.
Seguiremos publicando o resto ao longo da próxima semana. Animámosvos a enviarnos máis e asegurámosvos de que sabemos "de boa tinta" que aínda quedan por publicar moitos máis traballos marabillosos.
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro.
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega, tres dos grandes escritores da literatura universal. De aí a elección do día.
Como curiosidade contarvos que o comezo desta celebración foi español, a proposta do escritor Vicente Clavel Andrés, no ano 1926.
Moito despois, no ano 1995 o Día do Libro convértese nunha FESTA MUNDIAL, sendo o goberno español o que fixo a proposta á UNESCO. Aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".
Este ano queremos que participedes con nós na celebración, facéndolle unha homenaxe a todos eses libros que nos gustan.
Propoñémosvos recrear a portada do voso libro favorito e que nos fagades chegar esa recreación para publicala.
Pero que é unha recreación? A mellor maneira de explicárvolo é que vós mesmos/as vexades algúns exemplos. Por iso deixámosvos traballos deste tipo feitos polo CRA de Culleredo no ano 2022 ...
Chegáronnos novas fotos das viaxes de Checho dun país que, inicialmente non sabiamos cal era
Menos mal que Elliot, pai dun neno da clase de 4 anos, que é de Nova Zelanda veu a contarlles cousas sobre este país no que está Checho agora.
Este é o pais que escolleu o alumnado de 5º de infantil para traballar o proxecto do colexio, vinculados. Ensinounos un vídeo e unhas fotos da súa familia que vive alí, concretamente en Auckand.
Contou dous contos sobre un animal en extinción “ o kiwi”, e despois o colorearon.
Vimos un vídeo das fermosas paisaxes, praias, natureza, deportes e animais deste país. Ensinounos as tribos dos maorís, os seus típicos bailes, e os lindos colares con pedras preciosas que fan eles mesmos. Vimos un vídeo do equipo de rugby “All Blacks" un dos máis importantes de Nova Zelanda. Aprendemos moitísimo.
Onte o alumnado de 3º, 5º e 6º participou no obradoiro “Microplásticos” dentro das actividades ofrecidas por “Ponte a Zero”. Antón
explicounos a problemática que supón a degradación dos plásticos e a
súa conversión en microplásticos e nanoplásticos, con datos como que “o
único sitio onde non se toparon microplásticos é no que non se buscaron”
xa que incluso na Lúa se teñen atopado. Aprendemos a buscalos na
area da praia coa axuda de coadores, lupas e microscopios e comprobamos o
difícil que é separalos deste medio, posto que incluso chegan a
“pegarse” ás pequenas cunchas dos moluscos. A conclusión é que
debemos seguir minimizando o máis posible o uso de plásticos que non
sexan imprescindibles, xa que tarde ou cedo, estes acaban convertidos en
microplásticos que nos afectarán á saúde.
Así que animamos a todos/as a seguir traballando para conseguir, por exemplo, o noso obxectivo RECREOS RESIDUO CERO!!!!
O noso planeta nolo devolverá en forma de mellor calidade de vida
O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo traballando duramente nas súas obras para presentalas ao concurso que levamos esperando con moitos nervios e ilusión.
O 22 de marzo foi a gala de entrega de premios. Estaba convidada toda a comunidade educativa. Foron moitas familias ás que se achegaron para disfrutar do evento e tamén colaborar coa excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria.
Os participantes cruzaron a alfombra vermella para ensinarnos as súas curtas. O xurado decidiu que os gañadores foran:
1ºPremio: Sara González
2º Premio: Dante Paz
3º Premio: Álex Pazos
E o premio do público: Éder Leirós
Noraboa a todos e todas as participantes!!!!
Aquí tendes a mostra do seu traballo:
O día da gala foi moi emocionante e, ademáis dos premiados tamén nos sorprendeu o alumnado de 1º de primaria co seu conto sonorizado e debuxado: Violín.
E como o CEIP A Carballeira está cheo de artistas, o alumnado de 2º de primaria tamén nos sorprendeu cun conto sonorizado e en sombras: Son Debugato.
Xa temos listo o noso bosque de poemas. No proceso puidemos consultar libros da biblio, tanto sobre árbores e bosques como de poesía
Cos poemas escollidos, todos eles sobre bosques, creamos os elementos do noso bosque e dos nosos poemas
E este é o resultado do traballo,
O alumnado de 5º e 6º para conmemorar o Día do Síndrome de Down, fixo protagonista do seu poema a Noelia, unha nena creada
con IA que ten síndrome de Down. Podedes ver e escoitar parte deste poema no seguinte vídeo
O luns visitounos Xosé, do grupo de animación sociocultural Matrácala para levar a cabo un obradoiro creado para promover a expresión a través de unha das disciplinas musicais máis apaixonantes: A percusión.
Pero feita con instrumentos reciclados: botes de distintos tamaños, paus, tapas, botellas... afondando así no noso obxectivo de ser un centro o máis sostible posible
No cole estamos a traballar na conmemoración das dúas efemérides creando o noso propio...
BOSQUE DOS POEMAS!!
Pero mentres traballamos nel, deixámosvos algunha información sobre estas datas.
Cúmprense 12 anos dende que a Asemblea Xeral da ONU declarou o 21 de marzo como o Día Internacional dos Bosques.
Por que celebrar este día? Dámosche 7 razóns, pero seguro que hai moitas máis
Este ano celébrase co lema "Bosques e innovación: Novas solucións para un mundo mellor"
Tamén se celebra o Día Mundial da Poesía. Búscase promover o ensino da poesía, fomentar a
tradición oral, restablecer o diálogo entre a poesía e outras manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música ou a pintura.
Deixámosvos un vídeo realizado por Poética 2.0 con poemas do seu fondo audiovisual para o 25 aniversario do Instituto Cervantes, proxectado por primeira vez na súa sede de Madrid no Día Mundial da Poesía de 2016, pero que acae moi ben este ano, porque tamén se celebra o vixésimo quinto Día Mundial da Poesía
A Semana da Prensa incluída no calendario escolar oficial remataba o día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, así que...
Que mellor maneira de abordar ese día que a través do traballo diario coa prensa?
Así o fixemos, analizando novas, titulares, seccións, imaxes,... da prensa escrita, tentando descubrir se reflicte de forma igualitaria a presenza de homes e mulleres nas noticias publicadas. Fixemos algún que outro descubrimento que confirma que aínda hai moito que traballar pola igualdade.
O alumnado de EI traballou a unha pioneira da aviación, Amelia Earhart, que leva de viaxe no seu avión a outras moitas pioneiras
Ademais contamos coa presenza de "Polo Correo do Vento" para que o alumnado de EI e 1º coñecera mellor a Ernestina Otero, a través da música, o debuxo,...
e cunha magnífica coreografía creada polo alumnado de 4º!
O alumnado de 5º e 6º traballou os luns 19 e 26 de febreiro, coa axuda de Leticia e Alba na mellora das súas habilidades sociais dentro dos obradoiros ofrecidos polo Concello de Pontevedra. Tratáronse temas como a comunicación, a asertividade, as emocións e a súa xestión,... a través de distintas actividades e xogos.
Celebramos o día de Rosalía no cole con moitas actividades feitas nas aulas durante esta semana.
Ademais de traballar, como vedes, con outros poemas, o cole enteiro traballou cun titulado "Cantarche, hei, Galicia" da obra "Cantares gallegos", dándolle un aire máis contemporáneo. Aquí podedes ver o resultado do noso traballo !
Dálle
unha segunda vida aos teus libros usados!!!!
O 10 de marzo, coincidindo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
celebrarase a Feira de Libros Usados “Trocalibros”no
Pazo da Cultura.
CAL
É O OBXECTIVO?
Proporcionar
á comunidade educativa -alumnado, profesorado, familias,
persoal docente,...- a oportunidade de intercambiar aqueles
libros que, polas razóns que sexan, xa non son utilizados
polos seus donos/as.
COMO
PODO PARTICIPAR?
Aportando
todo tipo de libros e para todas as idades: de ficción, manuais,
cómics, etc. A única condición é que estean no mellor
estado posible para que quen o reciba poida aproveitalo.
Por
cada libro entregarase un vale: cantos máis libros entregados,
máis vales.
ONDE
ENTREGO OS LIBROS?
No
cole. Recolleremos libros ata o día 8 de marzo, e dámosche os
vales, que terás que gardar ata o día da feira
CANDO
PODO CAMBIAR OS MEUS VALES?
O 10 de marzo de 11:00 a 14:00 h
ONDE?
No
Pazo de Cultura de Pontevedra, en calquera dos postos dos diferentes
coles e ANPAS
O traballo sobre os distintos países cos que temos vínculos non para. O alumnado segue a descubrir cousas novas sobre eles, como demostran as seguintes imaxes, nas que se ve o traballo de 3º, de 6º ou como os de 1º comparten o seu coñecemento co resto do cole.
Seguide así, chicos e chicas, e non vos esquezades de compartir cos demais o que aprendades.
Grazas ao alumnado de 2º, que está a facer un gran traballo de investigación, Chiña sabe algo máis sobre o paradoiro de Checho. Mirade o vídeo, porque aínda quedan preguntas por responder
O xoves 8 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de EP gozou dun encontro co ilustrador e autor de banda deseñada Pablo Prado, grazas á nosa participación no proxecto Faro da escola.
Pablo, xunto co guionista Miguel Rojo, é o autor de "Nerea e o príncipe da sorte", cómic infantil gañador do premio Xerais de BD do 2021. No 2023 publican "Nerea e a invasión dos trastos", libro que antes da visita de Pablo leron os nenos e nenas.
Explicounos como elaborar un cómic e como a partir de figuras xeométricas básicas (triángulos, círculos...) podemos crear diferentes personaxes.
E ao rematar, asinounos o libro da biblioteca e ademais nos fixo unha dedicatoria cun debuxo a cada un. Encantounos!!!
Que fai na biblioteca un libro de papiroflexia para construír avións mesturado con outros que falan de Paz?
A resposta é moi simple. Como este curso precisamos medios de transporte para "viaxar" aos países cos que estamos vinculados, aproveitámolos tamén para que sexan mensaxeiros da Paz
E construímos os nosos propios "helicópteros" con mensaxes e estratexias para conseguila
No instagram do cole podedes ver un pequeno vídeo da actividade final
Hoxe é o Día Escolar da non violencia e a Paz. Dende o CEIP A Carballeira editamos a nosa primeira tirada de Comic Peace. Os artistas convidados son o alumando de 3º e 4º de Primaria que fixeron a través da súa arte un cómic que defende os valores da tolerancia, a empatía e a non violencia. Repartimos un exemplar por aula e outro queda na biblioteca do Checho para disfrutar del tanto na casa como no centro.
Á espera de resolver as dúbidas de Chiña sobre onde anda Checho, os nenos e nenas do cole seguen a traballar e investigar sobre os países cos que teñen vínculos, non vaia ser que Checho nos apareza noutra parte e non saibamos tampouco onde está. Para mostra, aquí tedes aos de 1º e aos de 5º ou 6º.
Xa levabamos un tempo sen saber nada de Checho, tanto que ata Chiña pensaba que se esquecera dela.
Pero por fin se puxo en contacto e envioulle unha novas fotos das súas viaxes, aínda que sen mensaxes, co cal Chiña nin sabe por onde anda, nin sabe quen son as persoas que están con el.
Mirádeas a ver se sabedes quen son e onde están. Se o sabedes contádello a Chiña, porque está algo preocupada polo seu pai.
Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o alumnado do cole estivo traballando cos estereotipos de xénero, que semellan resoltos pero non é así; aínda están presentes nas nosas vidas.
Entre estes traballos temos os vídeos feitos polo alumnado de 5º e 6º, que creou a idea, a storyboard, e exerceu de elenco artístico. O seu traballo foi marabilloso, así que se vedes algún fallo no vídeo non se debe a eles e elas.
Deixámosvos o resultado da gravación de 5º
E aquí a curta de 6º!
Tamén o alumnado máis pequeno, o de 1º ten o seu traballo en vídeo. Aquí volo deixamos